¡¡Fada traballando!!, se ves cambios no blogue, simplemente é maxia

sábado 24 de mayo de 2008

Pra todos vos

jueves 22 de mayo de 2008

Resultados Resaca das Letras ´08

As páxinas web que acaden maior numero de votos na súa categoría serán acreditadas coa icona característica dos premios RdL.

Aqui están , as votación estiveron abertas dende o 17 de maio ata o 21 de maio ás 16 horas.
Cousa da que me enterei como xa dixen pouco antes

Institucionais

Gañador

www.axenciaaudiovisualgalega.org (21%)

2º Posto: www.turgalicia.es (15%)

3º Posto: www.xuventude.net (11%)



Empresariais e Corporativas

Gañador

www.reizentolo.com (41%)

2º Posto: www.mundo-r.com (10%)

3º Posto: www.caixagalicia.es (11%)



Informativas

Gañador

www.duvi.uvigo.es (35%)

2º Posto: www.vieiros.com (20%)

3º Posto: www.chuza.org (15%)



Culturais

Gañador

www.jujel.es (25%)

2º Posto: www.culturagalega.org (24%)

3º Posto: www.crtvg.es (12%)



Blogs

Gañador

www.webs.uvigo.es/albertodafonte (35%)

2º Posto: www.engalego.blogspot.com (17%)

3º Posto: www.bercedefadas.blogspot.com (11%)

3º Posto: www.a-ignorancia-mata.blogspot.com (11%)



Axencias Publicitarias

Gañador

www.galiciabanner.com (53%)

2º Posto: www.bapconde.com (23%)

3º Posto: www.artecnova.com (14%)



Non me cansarei de repetilo


Grazas a todos porque sen vos non sería o mesmo


A FADA BRANCA


miércoles 21 de mayo de 2008

A Resaca das Letras '08

Entereime polo meu amigo Belgarat fai escasos minutos do que é a Resaca das Letras: “tes o meu voto na resaca das letras, espero q gañes.

bicos!!!

Imaxinade a miña cara: E iste de que falará, non teño nin idea do que di, vamos investigar.

Pois isto é o que atopei:

Hai catro anos agromaba na Facultade de Ciencias Sociais e da Educación a “Resaca das Letras” en forma de exercicio docente da materia Redacción Publicitaria en Galego. Co gallo do Día das Letras, Benigno Fernández, o profesor, pedíalles aos seus alumnos que valorasen tres páxinas webs en galego. O que nun primeiro momento era un traballo de clase converteuse cos anos nunha xornada de mesas redondas, en maratóns de lectura e na creación dos “Premios RDL”.

As bases do concurso para a mellor páxina web en galego son moi sinxelas:

  • 1. Este ano, a diferenza das tres edicións anteriores, as votacións dos premios RdL 08 serán na rede, nesta mesma web.
  • 2. As votacións abriranse a partir do Día das Letras coa lista definitiva das webs nominadas de cada categoría.
  • 3. Cada persoa poderá votar unha única vez pola súa páxina web preferida en cada unha das categorías.
  • 4. As votacións permanecerán abertas dende o 17 de maio ata o 21 de maio ás 16 horas.
  • 5. As páxinas web que acaden maior numero de votos na súa categoría serán acreditadas coa icona característica dos premios RdL.


INCRIBLE, ¿E QUE FAGO EU AHÍ NO MEDIO METIDA?

No sei como nin porque, non como informarán os gañadores, tamén sei que non vou gañar, pero non podedes imaxinar a ilusión que me fixo ver o meu pequeño blogue entre os 11 finalistas que se estaban a votar nesta web

http://resacadasletras.blogspot.com/

Se algén sabe como fun para ahí que mo explique

Eso sí:

Grazas a todos porque sen vos non sería o mesmo


A FADA BRANCA



Así me presentan no blogue da Resaca

Wednesday, 21 May 2008

http://www.bercedefadas.blogspot.com/

Berce de fadas!!!

Este é o blog dunha fada “pequena, curiosa... a que lle gusta saber, investigar e amosar o que sabe e encontra”. E una bitácora persoal escrita integramente en galego na que se comentan noticias de actualidade, se fan reflexións en voz alta e se comentan curiosidades da vida.

A verdade é que a fada fai maxia escribindo e escribe con maxia. Xa levou un premio: o “Brillante Weblog”.

¿Terá tamén premio mañá?

martes 20 de mayo de 2008

Resistente, loitadora e traballadora

Amilia Tylor naceu con tan só 22 semanas de xestación. A nena pesou ao nacer 284 gramos e medía o mesmo que un bolígrafo. A pesar das poucas esperanzas que deron os médicos aos seus pais, Amilia logrou sobrevivir e converterse así no bebé nacido máis prematuro de todo o mundo.

Os médicos falan de case un milagre no caso de Amilia, non tiñan esperanzas de que sobrevivise.
Desafiou ao destino e demostrou desexos de vivir, razón pola cal os seus pais decidiron chamala Amilia, que en latín significa resistente, loitadora e traballadora

sábado 17 de mayo de 2008

Unha lóxica moi ilóxica (I)


jueves 15 de mayo de 2008

¿Son un becho raro? (I)






domingo 11 de mayo de 2008

Unha imaxe, unhas verbas